Campaña sobre reciclado de aceites domésticos en Paiosaco

Inician campaña de recoxida de aceite doméstico en Paiosaco
Inician campaña de recoxida de aceite doméstico en Paiosaco

Mañán repartiranse embudos de balde no stand que se situará no campo da feira de Paiosaco entre as 10:30 e as 13:30 horas

Mañá, entre as 10:30 e as 13:30 horas no campo da feira de Paiosaco situarase un stand no que se informará sobre a campaña de reciclado de aceites domésticos. Na iniciativa que impulsa o Concello da Laracha serán repartidos embudos entre a cidadanía para facilitar a separación do aceite de cociña para o seu posterior tratamento.

Ao longo do mes de setembro realizaranse iniciativas de similares características nos núcleos da Laracha. O día 8, na Praza do Concello e día 22 xunto ao centro médico. Además, o día 15 de setembro estarán en Caión.

Esta acción informativa lévase a cabo despois de poñer a disposición da cidadanía un total de doce colectores para o depósito de aceite doméstico. Son de cor laranxa e facilmente identificables. Foron instalados en puntos estratéxicos das vilas da Laracha:

  • Avenida Fisterra, rúas Río Acheiro, Lino Gómez Canedo, Santa Lucía, Rosalía de Castro, Luis Martínez Vázquez e Epifanio Campo
  • Estrada AC-552 á altura das Torres de Cillobre
  • Paiosaco (campo da feira)
  • Caión (Avenida da Laracha e rúa Campo da Insua)
  • Urbanización Monte Claro no Cancelo do Medio (parroquia de Cabovilaño)

O obxectivo é facilitar a cidadanía un modo ecolóxico de desfacerse do aceite vexetal de cociña unha vez usado. Se trata dun material especialmente contaminante para a auga, que dificulta o proceso de depuración e que, por tanto, non debe botarse polos desaugadoiros da cocina nin polos inodoros. O aceite debe depositarse nos contedores en botellas de plástico ben pechadas.

Esta campaña conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e do Ministerio de Transición Ecolóxica a través das axudas dos Plans de Impulso ao Medio Ambiente (PIMA) e do Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR).