Protección Civil coopera co Centro de Saúde da Laracha

Tareas de cooperación de Protección Civil na campaña de vacinación
Tareas de cooperación de Protección Civil na campaña de vacinación

Durante la campaña de vacinación da Covid e da gripe Protección Civil facilita o control de accesos

A agrupación de voluntarios de Protección Civil da Laracha está a colaborar co centro médico da capital municipal para facilitar o desenvolvemento da dobre campaña de vacinación. Actualmente estase administrando a cuarta dose do coronavirus e tamén da gripe que se leva a cabo cada ano nestas datas.  

Os voluntarios realizan tarefas relacionadas co control de accesos ao centro sanitario, información e acompañamento ás persoas que acoden. Tamén, vixilancia do cumprimento das medidas de protección e prevención dos contaxios. A súa presenza é de luns a venres, tanto pola mañá (10 a 14 horas) como pola tarde (15 a 19 horas).

Cabe sinalar que no momento actual no centro médico da Laracha estanse vacinando coa cuarta dose da covid-19 soamente a aquelas persoas maiores de 85 anos de idade que foran citadas previamente polo Sergas. Así mesmo, teñen a oportunidade de ser vacinadas da gripe conxuntamente se así o solicitan ao persoal sanitario.