Campaña para potenciar o reciclado de aceites

Campaña para depositar aceites domésticos nos colectores especiais
Campaña para depositar aceites domésticos nos colectores especiais

Os novos colectores laranxas de aceites domésticos están dispoñibles nos tres núcleos urbanos e na urbanización Monte Claro

O Concello da Laracha pon a disposición da cidadanía un total de doce colectores para o depósito de aceites domésticos, de cor laranxa e facilmente identificables. Foron instalados en puntos estratéxicos das vilas da Laracha:

  • Avenida Fisterra
  • rúas Río Acheiro, Lino Gómez Canedo, Santa Lucía, Rosalía de Castro, Luis Martínez Vázquez e Epifanio Campo xunto ao centro médico
  • estrada AC-552 á altura das Torres de Cillobre
  • Paiosaco (campo da feira)
  • Caión (Avenida da Laracha e rúa Campo da Insua)
  • urbanización Monte Claro no Cancelo do Medio (parroquia de Cabovilaño)

A recollida destes novos colectores será a cargo de Coregal, tal e como estaba estipulado na concesión do contrato de xestión do punto limpo. O obxectivo desta iniciativa é facilitar a cidadanía un modo ecolóxico de desfacerse do aceite vexetal de cociña unha vez usado. Se trata dun material especialmente contaminante para a auga, que dificulta en gran medida o proceso de depuración. Por tanto, non debe botarse polos desaugadoiros da cocina nin polos inodoros para evitar que cheguen á rede de sumidoiros.

Stands informativos

En próximas datas o Concello desenvolverá unha campaña informativa colocando stands en diferentes puntos do municipio. Alí se explicará o modo no que debe depositarse o aceite nos colectores (dentro de botellas de plástico ben pechadas). Tamén se repartirán de xeito gratuíto embudos entre a poboación larachesa, precisamente para facilitar a separación do aceite para o seu posterior tratamento.

En dita campaña o Concello contará coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Ministerio de Transición Ecolóxica a través das axudas dos Plans de Impulso ao Medio Ambiente (PIMA) e do Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR).