Hoxe na Laracha fálase de sexualidade

Recoméndase asistir en parella á sesión sobre sexualidade
Recoméndase asistir en parella á sesión sobre sexualidade

Sesión informativa sobre sexualidade no primeiro ano do posparto. Será impartida pola matrona e sexóloga Cristina Vázquez na Casa da Cultura a partir das 18:30 horas

A Casa da Cultura acollerá hoxe, xoves 16 a partir das 18:30 horas, unha sesión informativa sobre a sexualidade no primeiro ano do posparto. Cristina Vázquez, matrona e sexóloga do centro de saúde da Laracha, explicará aos asistentes a temática.

Por espazo de dúas horas, la sesión abarcará todos os momentos da diversidade existente tras os cambios que se producen nas mulleres que dan a luz. Pola súa temática, recoméndase asistir a este evento en parella. O evento va dirixido a quen tivera un fillo recentemente, como as mulleres que darán a luz proximamente. Tamén, a quen prevén nun futuro crear ou aumentar a súa familia. A asistencia é gratuíta, requiríndose indicar os datos persoais no momento do acceso á Casa da Cultura.