Laracha reforzará o servizo de atención temperá

Presentación de servizo de atención temperá (imaxe do arquivo)
Presentación de servizo de atención temperá (imaxe do arquivo)

A Consellería de Política Social concedeu a subvención para incorporar catro profesionais a este servizo de atención

O servizo de atención temperá que está en funcionamento no Concello da Laracha consiste nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil (0 a 6 anos), a súa familia e ao seu contorno. Teñen por obxectivo dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.

A finalidade é facilitar a autonomía persoal e inclusión social. A clave é detectar esas dificultades o ante posible para obter os mellores resultados da atención profesional para un óptimo proceso evolutivo. Actualmente son trinta e cinco os menores usuarios deste servizo no Concello da Laracha, o que pon de manifesto a importancia da iniciativa impulsada co apoio da Xunta de Galicia.

Psicólogo, terapeuta ocupacional e fisioterapeuta

Precisamente a Consellería de Policía Social vén de publicar a resolución da concesión das subvencións para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para este ano. Están cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020. Así, o Concello reforzará o equipo do servizo con tres novos profesionais: psicólogo, terapeuta ocupacional e fisioterapeuta. Eles se engaden ao logopeda co que xa contaba o programa.

É preciso lembrar que, en todo caso, a derivación das crianzas ao programa de atención temperá será a través do servizo de pediatría. Por iso, a familia debe acudir si sospeita que o cativo pode presentar un trastorno do desenvolvemento. Posteriormente será valorado polo equipo municipal de servizos socias. Pódese solicitar cita previa chamando ao 981 612811.

programa de atención tempera de 0 a 6 anos
Actividade do programa de atención temperá