Obradoiro de iniciación á práctica de marcha nórdica

Obradoiro de iniciación á marcha nórdica no Concello da Laracha
Obradoiro de iniciación á marcha nórdica no Concello da Laracha

O Concello da Laracha abre a inscrición para sumarse á marcha mórdica mañá, xoves 31

O Concello da Laracha pon en marcha un obradoiro de iniciación á marcha nórdica. Trátase dunha modalidade de exercicio ao aire libre que consistente en camiñar coa axuda de bastóns e que ten a súa orixe no esquí de fondo. Esta novidosa iniciativa vai dirixida a promover estilos de vida saudables a través da práctica da actividade física.

A xornada é o sábado 9 de abril na área recreativa de Gabenlle en horario de 10:30 a 13:00 horas. As persoas asistentes podrán:

  • coñecer a técnica de emprego dos bastóns
  • comprender os principais fundamentos saudables desta disciplina
  • centrarse na mellora da coordinación e do equilibrio, así como na descarga das articulacións
  • valorar os espazos  dispoñibles no termo municipal da Laracha para a práctica da marcha nórdica

Lembrar que a inscrición abrirase mañá xoves 31 de marzo. As mesmas, deben formalizarse no departamento de Deportes. Ademáis, as prazas son limitadas estando restrinxidas a persoas empadroadas no termo municipal da Laracha. Os destinatarios da actividade son persoas adultas e tamén rapaces maiores de doce anos acompañados por un adulto. Os membros da organización ponen a disposición dos participantes o material necesario para o desenvolvemento da actividade.