Garantías sanitarias no mar

Hai que sair ao mar con garantías sanitarias
Hai que sair ao mar con garantías sanitarias

O Servizo Galego de Saúde vai ofrecer garantías sanitarias no mar.

Do mesmo modo, o Servizo Galego de Saúde vai realizar test serolóxicos de detección do coronavirus a todos os tripulantes de buques de pesca. Entón o fará aos que realicen mareas superiores aos dez días de duración e non teñan posibilidade de asistencia médica a menos de dúas horas dende a súa ublicación no mar (frota de altura e gran altura).

Por exemplo: en función do resultado da proba e da presenza ou non de sintomatoloxía, tomarase a decisión de completar o proceso de acordo co protocolo clínico nos hospitais do Sergas de Vigo, Santiago, A Coruña e Burela. Aclarar que o prazo máximo será de 48 horas.O facultativo do Instituto Social da Mariña é o profesional que fará o test facilitado polo Servizo Galego de Saúde.

Inquietude de tripulacións e armadores

Neste contexto o sector pesqueiro ven de transmitir a inquietude de tripulacións e armadores. Sobre todo pola necesidade de proporcionar a debida seguridade e certeza en orden a que o traballo se realice coas debidas garantías sanitarias. Do mesmo modo o obxetivo é despexar calquera dúbida en entornos de traballo e convivencia tan particulares.

É dicir, esta iniciativa de detección do coronavirus a tripulacións de frota de altura e gran altura é consecuencia dun acordo entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Social da Mariña. Tamén suporá a inclusión da covid nos estudos epidemiolóxicos realizados polo ISM. Ademais utilizarase para a posta en marcha de campañas de divulgación e prevención sanitaria.

En conclusión, suporá a inclusión na formación dos tripulantes de aqueles aspectos de hixiene, prevención e control de casos de contaxio por covid. Do mesmo modo, a aprobación, por parte do Instituto, dun conxunto de medidas hixiénico sanitarias para os
traballadores do mar e outras persoas a bordo de embarcacións en relación co coronavirus.