Campaña de trampeo de avespa velutina

Imaxe da avespa velutina
Imaxe da avespa velutina

Colocaráse un centenar de trampas para velutina nas 13 parroquias do concello

O Concello da Laracha inicia a campaña de trampeo para combater a expansión da avespa velutina como cada ano nestas datas. Previa a primavera, é a época nas que as raíñas fundadoras comezan a formar os niños. Por tanto é o momento no que debe realizarse un maior esforzo para evitar o xurdimento de novas colonias.

A campaña levarase a cabo de dous xeitos paralelos: través dunha empresa e coa colaboración cidadá. O propósito é optimizar os resultados. A fase inicial consistirá na colocación dun centenar de trampas, a cargo de persoal especializado no control de pragas. Farao en puntos en estratéxicos das trece parroquias e centrándose especialmente en zonas verdes, parques e prazas de titularidade municipal.

Trampas e líquido atraínte de balde

Ademais, faise un chamamento á colaboración e implicación da cidadanía. Aquelas persoas que o desexen poderán solicitar de balde no Concello, a partir do luns 21 de marzo, tanto trampas como líquido atraínte.

Desde o Concello lembran a importancia de centrar os esforzos nesta época xa que a captura de cada raíña impedirá a formación dun niño primario. Así mesmo, lémbrase que no caso de detectarse un niño de avespa velutina é preciso chamar ao teléfono 012. O obxetivo é poñelo en coñecemento da Xunta de Galicia e que a empresa pública Tragsa poida proceder á súa eliminación.

raíñas de avespa velutina
Trampeo para raíña da avespa velutina no xardín do Concello da Laracha (imaxe de arquivo 2021)