1.803 altas de pacientes

Un total de 1.803 pacientes xa foron dados de alta
Un total de 1.803 pacientes xa foron dados de alta

Galicia rexistra hoxe domingo 26 de abril 1.803 altas de pacientes. Así a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.856: 1.644 son da área da Coruña; 662 da de Lugo; 1.307 da de Ourense; 568 da de Pontevedra; 1.211 da área de Vigo; 1.061 da de Santiago; e 403 da de Ferrol.

Na mesma línea do total de pacientes positivos: 85 permanecen en UCI, 490 están en unidades de hospitalización e 6.281 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse:

  • 1.803 altas de pacientes
  • e 519 falecementos.
  • O número de PCR realizadas é de 85.690.

Aclarar que a Xunta de Galicia comunica que continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidad. Tamén mantén o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.

Tamén en canto ao número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia, supoñen o 3,5% do total das persoas residentes. Respecto das 4 persoas falecidas onte en centros residenciais:1 foi da residencia Concepción Arenal (A Coruña), 2 de DomusVi Matogrande (A Coruña) e 1 do centro residencial DomusVi Barreiro (Vigo).

Do mesmo modo sinalar tamén que a consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves; e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Ademais o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.