Escolares e maiores, os máis vulnerables das estradas

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asina un convenio de colaboración coa delegada da Asociación Stop Accidentes Galicia, Jeanne Picard Mahaut, para o impulso de novas medidas en pro da defensa da seguridade viaria.
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asina un convenio de colaboración coa delegada da Asociación Stop Accidentes Galicia, Jeanne Picard Mahaut, para o impulso de novas medidas en pro da defensa da seguridade viaria. Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Os escolares e as persoas maiores son os usuarios vulnerables das estradas. Por iso, a consellería de Infraestruturas e Mobilidade ven de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Stop Accidentes en Galicia para fomentar a cultura da seguridade viaria entre estos colectivos.

Ademais o convenio define o desenvolvemento de actuacións concretas para Incrementar a seguridade viaria e a promover unha mobilidade máis segura e inclusiva, que os convirta en menos vulnerables.

Deste xeito, Stop Accidentes desenvolverá, ao longo de dous anos, unha serie de medidas específicas para reforzar a seguridade nas estradas. Estas medidas serán apoiadas co financiamento da Xunta de Galicia a través dunha achega de 95.000 euros.

Catro actuacións para fomentar a seguridade viaria

Trátase de catro actuacións que se compromete a levar a cabo Stop Accidentes para contribuír á mellora da seguridade nas estradas e favorecer desprazamentos máis seguros.

A primeira centrarase na mellora da seguridade na contorna do CEIP Santo André de Xeve, en Pontevedra, coa execución dunha senda entre A Piolla, O Couso e O Sobral, na estrada PO-223.

Neste caso, Stop Accidentes impulsará un diagnóstico e o seguimento, tanto da redacción do proxecto como da execución das obras, de cara a favorecer desprazamentos máis seguros no contorno do centro.

Ademais buscarase a implicación e a participación da comunidade escolar no desenvolvemento dese proxecto.

Tamén a Axencia Galega de Infraestruturas colaborará no financiamento da actuación achegando 25.000€ euros e poñendo os medios técnicos para a redacción do proxecto e o desenvolvemento das obras.

Por outro lado, a segunda actuación é o desenvolvemento de proxectos piloto para acadar un contorno seguro en dous equipamentos de xente maior, en centros de día ou residencias de maiores do ámbito rural.

Así, Stop Accidentes elaborará e redactará os proxectos e a Xunta achegará 30.000 € a esa actuación e prestará asesoramento sobre a viabilidade das propostas que se formulen.

O terceiro proxecto é a redacción dun manual de seguridade viaria e boas prácticas dirixido aos usuarios do transporte escolar, tanto aos alumnos, como aos acompañantes ou aos pais. Este manual didáctico será financiado a través da Dirección Xeral de Mobilidade, cunha achega de 20.000 euros.

E por último, o cuarto proxecto céntrase na realización de 100 talleres en colexios e centros de maiores das 4 provincias, para concienciar a estes colectivos sobre pautas de mobilidade segura.

Así que, neste caso, o Goberno galego achegará 20.000 euros e Stop Accidentes difundirá o documento de boas prácticas con accións de carácter socio-educativo que fomenten unha mobilidade segura, inclusiva e saudable.