Protección Civil da Laracha coopera no operativo polo incendio en Folgoso do Courel

Voluntarios de Protección Civil da Laracha desplazados a Lugo
Voluntarios de Protección Civil da Laracha desplazados a Lugo

A labor de Protección Civil céntrase no apoio loxístico para o traslado de persoas e material

Voluntarios de Protección Civil da Laracha están a cooperar no operativo para a extinción do incendio do municipio lucense de Folgoso do Courel. Atendendo á solicitude da Xefatura Provincial de Emerxencias, participan dous voluntarios e un vehículo todoterreo prestando apoio loxístico.

Os seus puntos de intervención son, principalmente, Triacastela e Samos. A eses municipios foron evacuados parte dos veciños afectados e aloxados no pavillón do colexio Eduardo Cela Vila e o Albergue Casa Forte de Lusío.

Os voluntarios laracheses tamén se están a encargar de ofrecer protección e seguridade ao convoi dos vehículos particulares. O fan no traxecto duns setenta quilómetros de percorrido de regreso ás vivendas para veciños que foron autorizados. Durante as próximas horas continuarán cumprindo as indicacións do posto de mando avanzado.

Voluntarios de Protección Civil da Laracha colaboran co operativo nos incendios de Folgoso do Courel