A concelleira de Servizos Socias visita aos participantes no programa "A Laracha Acolle"

Rocío López visitó aos participantes do programa "A Laracha Acolle" en Paiosaco
Rocío López visitó aos participantes do programa "A Laracha Acolle" en Paiosaco

"A Laracha acolle" vense desenvolvendo desde o pasado mes de decembro

A concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, xunto a persoal técnico municipal, mantivo un encontro cos participantes no programa A Laracha Acolle aproveitando a celebración dunha das sesións do Espazo Exprésa-T.

Este programa cofinanciado por Fundación “La Caixa” a través da Obra Social, vense desenvolvendo desde o mes de decembro en Paiosaco. Ten por finalidade a inclusión social e cultural das persoas inmigrantes residentes no Concello da Laracha e, máis concretamente, a do colectivo prioritario das mulleres.

Componse de dúas liñas de acción complementarias. Por unha banda o Taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia, que se realiza os luns e mércores. O propósito é que as persoas inmigrantes adquiran habilidades lingüísticas que lles permitan desenvolverse de forma autónoma na vida diaria.

Por outra banda, reforzando a acción anterior, o Espazo Exprésa-T. Trátase dun lugar de expresión e participación cultural dirixido ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida. Pero tamén, o intercambio e socialización. As sesións teñen lugar os venres.

Programa innovador

"A Laracha Acolle" trátase dun programa innovador, que se leva a cabo seguindo unha metodoloxía alternativa de ensinanza-aprendizaxe. E, además, con perspectiva de xénero, traballando contidos e empregando unha linguaxe non sexista, así como poñendo en valor o papel das mulleres na sociedade.

A persoa responsable do programa destacou o esforzo que as mulleres están a facer para asistir ás clases. Tamén, o seu interese por aprender unha nova lingua, así como por coñecer unha cultura diferente. Iso permite acceder aos servizos e prestacións que melloren as súas condicións de vida. É, sobre todo, a educación dos seus fillos e fillas, pois é un tema que lles ocupa e preocupa especialmente.