Fundación "la Caixa" achega 5.000 euros para "A Laracha Acolle"

Representantes do concello logo da firma do acordo coa Fundación "la Caixa"
Representantes do concello logo da firma do acordo coa Fundación "la Caixa"

A Fundación cofinancia a iniciativa que céntrase na inclusión social e cultural das personas inmigrantes

Fundación “la Caixa”, a través da Obra Social, achega ao Concello a cantidade de 5.000 euros para o cofinanciamento do programa A Laracha acolle. O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o director da oficina da Laracha, Javier Andrade García, formalizaron hoxe o acordo. No acto tamén participou a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.

A Laracha acolle está previsto que comece a desenvolverse no próximo mes de decembro e que se prolongue ata abril de 2023. O programa ten por finalidade a inclusión social e cultural das persoas inmigrantes e, máis concretamente, do colectivo prioritario das mulleres.

Componse de dúas liñas de acción complementarias. Por unha banda o “Taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia”. Pola outra, a creación do espazo de expresión e participación cultural “Exprésa-T”. O mesmo, está dirixido ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida, intercambio e socialización, así como ao tratamento de temas transversais de xénero e coeducación.

Liñas de acción

  • "Taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia": adquisición de habilidades lingüísticas que permita ás persoas inmigrantes desenvolverse de forma autónoma na vida diaria. As clases levaranse a cabo seguindo unha metodoloxía alternativa de ensinanza aprendizaxe. Ademáis, con perspectiva de xénero, traballando contidos e linguaxe non sexista, así como poñendo en valor o papel das mulleres na sociedade.
  • “Exprésa-T”: reforza a acción anterior. Céntrase na creación dun espazo coeducativo de participación e convivencia que permita poñer en práctica os contidos asimilados a nivel lingüístico. O fará a través do coñecemento e intercambio mutuo das distintas culturas presentes no municipio, se desenvolvan relacións sociais e persoais igualitarias que contribúan á construción dunha verdadeira sociedade intercultural.