O programa "A Laracha acolle" xa está en marcha

Nova edición do programa "A Laracha acolle"
Nova edición do programa "A Laracha acolle"

As liñas de actuación de "A Laracha acolle" son un taller de alfabetización e o espazo de participación cultural ‘Exprésa-T’

O Concello ten en marcha unha nova edición do programa A Laracha acolle. Vai dirixido ás persoas inmigrantes empadroadas no termo municipal -prioritariamente, ao colectivo das mulleres- e ten por finalidade a súa inclusión social e cultural.

Do mesmo xeito que o programa realizado durante o pasado curso, componse de dúas liñas de acción complementarias. Por unha banda o Taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia. Por outra, a creación do espazo de expresión e participación cultural ‘Exprésa-T’, dirixido ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida. Tamén inclúe intercambio e socialización, así como ao tratamento de temas transversais de xénero e coeducación.

Dúas líneas de actuación

O taller de alfabetización ten por propósito a adquisición de habilidades lingüísticas que lles permita ás persoas inmigrantes desenvolverse a diario de forma autónoma . As clases levaranse a cabo seguindo unha metodoloxía alternativa de ensinanza aprendizaxe e con perspectiva de xénero. Para iso trabállase contidos e linguaxe non sexista, así como poñendo en valor o papel das mulleres na sociedade.

‘Exprésa-T’, reforza a acción anterior e céntrase na creación dun espazo coeducativo de participación e convivencia que permita poñer en práctica os contidos asimilados a nivel lingüístico a través do coñecemento e intercambio mutuo das distintas culturas.

As persoas interesadas en participar en A Laracha acolle deben inscribirse no departamento de Servizos Sociais acudindo ao edificio administrativo ou chamando ao 981 612811.