Patín: III Fase de Niveles 1 ó 3

Campionato III Fase Niveis Patín na Laracha

A terceira fase está organizada polo Club Patín Conxuro da Laracha

Campionato III Fase de Niveles Coruña Norte, neste caso do 1 ó 3, terá lugar este fin de semana no Pavillón Municipal de Laracha. O CP Conxuro organiza a III Fase de Niveis Libre (niveis do 1 ó 3) de patinaxe que se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 11 de novembro desde as 10:00 e ata as 19:50 horas. Lembramos que o Club de Patinaxe Conxuro A Laracha tamén organizó o sábado 27 de novembro a III Fase dos niveis do 4 ó 10.

Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de 200 patinadores que realizarán un programa coa finalidade de superar o seu nivel. Tomarán parte no evento vinte clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña:

  • CP Patiart
  • CP Velúa
  • CP Aura
  • CP Buxaina
  • CP Lenda
  • CPA Costa da Morte
  • CPA Inercia
  • CP Oleiros
  • CP Axel
  • CP Alquimia
  • Club Compañía de María
  • Escola Lubiáns
  • CPA Eiriz
  • CD Fervello
  • CPA Maxia
  • CP O Corgo
  • CP As Pontes
  • CPA Brincadeira
  • CP Enxebre
  • CP Conxuro A Laracha

Conxuro presenta a 11 das súas patinadoras

  • Nivel 1: Mía Muñiz, Candela Tuset, Lucía García, Sofía Bello, Daniela Pose e Jimena Felipez
  • Nivel 2: Lucía Losada, María García e Daniela Antelo
  • Nivel 3: Iria Bustelo e Lara Roca

Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe. Conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña. Patrocinan "Asteria Café", "Argalla", "O Noso Café" e "Maluca Lobe".