Campionato federativo organizado polo CP Conxuro A Laracha

CP Conxuro organiza evento deportivo na Laracha
CP Conxuro organiza evento deportivo na Laracha

O pavillón municipal acolle mañá, sábado día 27, un evento onde Conxuro presenta nove patinadoras

O Campionato federativo organizado polo Club de Patinaxe Conxuro A Laracha terá lugar maña, sábado 27 de novembro no pavillón municipal. Trátase da III Fase de Niveis Libre (Niveis do 4 ó 10) de patinaxe. Se vai celebrar desde as 10:00 e ata as 14:45 horas. A proba acudirán preto de cen patinadores, que realizarán un programa coa finalidade de superar o seu nivel.

Tomarán parte no evento quince clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña

  • CP Patiart
  • CP Velúa
  • CP Aura
  • CP Buxaina
  • CP Lenda
  • CPA Costa da Morte
  • CPA Inercia
  • CP Oleiros
  • CP Axel
  • CP Oleiros
  • CP Alquimia
  • Club Compañía de María
  • Escola Lubiáns
  • CP Conxuro A Laracha

Conxuro presenta a nove das súas patinadoras

  • Nivel 4: Carla Santín, Laura Valiente e Claudia Regueira.
  • Nivel 5: Cristina Valiente e Mónica Insua.
  • Nivel 6: África Rodríguez, Lara Losada, Lola Collazo e Claudia Buño. 

Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña e os patrocinadores Asteria Café e Maluca Lobe.