Segunda xornada da liga de billarda en Cabanas

Segunda xornada de billarda celebrada no campo de fútbol do Concello de Cabanas

O domingo xogouse no Concello de Cabanas a segunda xornada da Liga Atlántica de Billarda da Conferencia Noroeste 2021-2022. O evento foi no antigo campo de fútbol local, na Comarca do Eume, a carón da Ría de Ares. As clasificacións foron:

Categoría absoluta

  • Campión: X. Collazo (Billarda Campo da Feira) - Paiosaco
  • Subcampión: A. Riveiro (APB) - A Laracha
  • Terceiro: Eladio V. (Billarda Campo da Feira) - Paiosaco

Categoría femenina

  • Campiona: Isa (Billarda Campo da Feira) - Paiosaco
  • Subcampiona:Marisa (Lúa de Forza) - Sanxenxo
  • Terceira:Delia (Chaínzos Cadaval) - Castro do Rei

Categoría infantil

Dende a Liga Atlántica de Billarda agradecen ao Concello de Cabanas, tanto a cesión do antigo Campo de fútbol como os trofeos doados para esa xornada. Estes foron entregados polo alcalde, Carlos Ladra e pola Técnica de Cultura e Deportes, María López.