Abel Ponte volve a destacar na primeira xornada de billarda

A primeira xornada foi no campo de fútbol Ponte dos Brozos do Concello de Arteixo
A primeira xornada foi no campo de fútbol Ponte dos Brozos do Concello de Arteixo

O campo de fútbol do Arteixo acolliuo a primeira xornada da Liga Atlántica

A primeira xornada da Liga Atlántica de Billarda (Conferencia Noroeste 2021-2022) foi no campo de fútbol municial Ponte dos Brozos de Arteixo. Xogaron 55 palanadores de seis equipos procedentes de A Coruña, Lugo e Pontevedra. A clasificación, donde destacaron os equipos larachenses, final foi a seguinte:

Campión: Abel Ponte (Billarda Campo da Feira)

Subcampión: X.Collazo (Billarda Campo da Feira)

Terceiro: Bonxe (Chaínzos-Cadaval)

Feminina

Campiona:Irene (Cochiqueiros)

Subcampiona: Auri (Billarda Campo da Feira)

Terceira: Delia (Chaínzos-Cadaval)

Infantil

Campión: Abel (Billarda Campo da Feira)

Subcampión: Kevin (APB)

Terceiro: Roi (APB)

Por equipos

Primeiro: Campo da Feira

Segundo: Filloas de Sangue (A Coruña)

Terceiro: APB Santa Marta (A Laracha)

Na xornada houbo un varado polo palanador Marc de Campo da Feira. Dende a Liga Atlántica de Billarda agradecen ao Concello de Arteixo a cesión das instalacións de Ponte dos Brozos.