Deportistas do SAL nos grupos de seguemento da Federación Española

Deportistas do SAL entre os grupos da RFESS
Deportistas do SAL entre os grupos da RFESS

Noelia Loureiro, Juan Martín Rodríguez e Anxo López están nos grupos

Na última semana o Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) recibiu moi boas novas. Integrantes do club están nos grupos de segemento da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo (RFESS). A nova comezaba coa publicación dos deportistas incluídos no Grupo de Seguimento de Alto Nivel da categoría Absoluta. Alí están recollidos os deportistas seleccionables para acudir coa Selección Española ó Campionato de Europa no mes de setembro. Na lista está a nosa deportista Noelia Loureiro.

Uns días despois, a RFESS publicaba os listados dos Grupos de Seguimento de Tecnificación das categorías Infantil e Cadete, nos que están incluídos Juan Martín Rodríguez e Anxo López. Estes grupos están destinados ó control e seguimento dos deportistas máis destacados a nivel nacional dende a base.

Isto é un indicador do bo traballo realizado por parte dos deportistas nos adestramentos diarios, o que demostra un bo presente para o club SAL. Co fin de seguir formando deportistas dende a base, o club SAL abriu novos horarios da Escola de Salvamento. Se pretende que comecen nenos nacidos nos anos 2012 e 2013 para formar parte das categorías formativas do club.

Práctica dos grupos de deportistas