O Club Salvamento Acuático destaca en Guadalajara

Os deportistas da Laracha na piscina de Guadalajara
Os deportistas da Laracha na piscina de Guadalajara

A entidade deportiva acada moi bos resultados no Campeonato de España de Primavera que disputouse na psicina Fuente de la Niña de Guadalajara

Os días 17 e 18 de abril disputouse na piscina Fuente de la Niña de Guadalajara o Campeonato de España de Primavera de Salvamento y Socorrismo Infantil y Cadete. Representando ó Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) participaron os deportistas Juan Martín Rodríguez Lafuente (infantil masculino) e Anxo López Rey (cadete masculino). Os dous completaron unha excelente actuación colocándose entre os 10 mellores deportistas nacionais da súa categoría. Tamén melloraron marcas persoais e algunha rozando medalla e récord galego. Estes resultados mostran o gran traballo feito a pesar das dificultades provocadas pola situación sanitaria nos últimos meses.

Os resultados máis destacados

  • Juan Martín Rodríguez
  • - 6º en 100 m remolque de maniquí con aletas
  • - 6º en 100 m socorrista
  • - 9º en 50 m remolque de maniquí
  • Anxo López Rey
  • - 5º en 50 m remolque de maniquí
  • - 5º en 100 m combinada de salvamento
  • - 7º en 200 m supersocorrista
  • - 7º en 200 m obstáculos