Adxudicadas as subvencións municipais a distintas entidades

Entidades da Laracha e empresas  do contorna axudan a mellorar día a día o concello
Entidades da Laracha e empresas do contorna axudan a mellorar día a día o concello

Serán repartidos 97.300 euros entre 25 entidades culturais, deportivas e educativas

Na sesión da Xunta de Goberno Local celebrada días pasados foron adxudicadas as subvencións municipais da convocatoria dirixida a distintas entidades. Trátase de asociacións culturais e educativas, clubs deportivos e Anpas, así como aos deportistas locais máis destacados.

Vinte e catro entidades e unha deportista individual -a totalidade das solicitudes presentadas- serán os beneficiarios desta liña de axudas. Repartiranse 97.300 euros. Valorouse a actividade permanente de cada asociación, número de eventos organizados, volume de persoas participantes. No caso dos clubs deportivos, tívose en conta a existencia de categorías inferiores e a cifra de fichas federativas, entre outras pautas.

No apartado de deportistas individuais foi determinante os resultados en competicións dos diferentes ámbitos xeográficos. Neste caso a convocatoria foi dirixida a aqueles deportistas que non realizaron a súa actividade como parte dun club, asociación ou entidade beneficiaria desta mesma liña de axudas.

Este importante esforzo económico soamente é unha parte da colaboración do Concello con estes clubs e asociacións. Tamén se presta un continuo apoio organizativo para o desenvolvemento das súas actividades.

Adxudicación de contratos de obras

Na Xunta de Goberno Local tamén foron adxudicados dous contratos de obras que suman un investimento total de 306.500 euros.

A actuación de maior orzamento -243.500 euros- será financiada integramente con fondos propios municipais. Foi adxudicada a Construcciones López Cao. Consiste na ampliación da estrada entre Bos Aires e O Pereiro. Esta actuación forma parte do Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo. Contempla:

  • Ancheamento da plataforma da calzada para dispoñer de máis espazo de circulación en ambos sentidos. Especialmente importante para autobuses do transporte escolar
  • Novas prazas de estacionamento
  • senda peonil que reforce a seguridade das persoas que acoden a pé ao centro de ensino e ás súas inmediacións

O outro proxecto céntrase na parroquia de Caión. Está valorado en 63.000 euros e será executado por Construcciones Cernadas. Consiste:

  • Intervención en Xermaña para mellor tanto o saneamento de residuais como o bombeo como a rede viaria
  • renovación da superficie de rodadura en dous camiños

Formalizado o contrato con Vázquez y Reino

O Concello da Laracha promove, ademáis, un proxecto que transformará a zona céntrica. A rúa Silverio Moreda Alvariño está situada no núcleo urbano da Laracha e enlaza a Avenida Fisterra (estrada AC-552) e a Avenida de Caión (estrada DP-1913). Actualmente está permitido o dobre sentido de circulación e existen tanto beirarrúas como zonas de aparcamento gratuíto de vehículos a ambas marxes.

A actuación está valorada en 85.500 euros e será executada pola construtora carballesa Vázquez y Reino. O José Manuel López Varela, e o responsable da empresa Diego Vázquez, formalizaron o contrato como trámite administrativo previo ao inminente inicio das obras.

Así, na rúa Silverio Moreda Alvariño será establecido o sentido único con entrada pola Avenida Fisterra e saída pola Avenida de Caión, xunto á igrexa parroquial da capital municipal. O proxecto da obra contempla a ampliación das beirarrúas, melloras na accesibilidade e na iluminación pública e a completa sinalización horizontal e vertical en toda a rúa.