Décima xornada da Liga Atlántica de Billarda

Décima xornada de billarda en Vilaboa, Culleredo
Décima xornada de billarda en Vilaboa, Culleredo

Culleredo acolleu unha nova xornada de billarda en unha pista cuberta polo mal tempo

A xornada de Liga Atlántica de billarda Conferencia Noroeste estaba programada para xogarse no exterior. Non obstante, a situación meteorolóxica do pasado fin de semana, obligou a acudir á pista polideportiva cuberta de Castro Laxe. A mesma está a carón do parque de Tarreo en Vilaboa, no concello de Culleredo. Esta xornada, ademais de puntuar para a Liga, tiña o interese engadido. Poñía en xogo tres prazas para participar na "Súper Copa de Billarda" que se disputará o vindeiro 26 de marzo na Coruña. Esas prazas xa teñen nomes propios e son os de Manu Pozo de Billardeiros Musicais de Ribadeo, Cotelo de APB A Laracha e Alberte de Cochiqueiros da Billarda de Cerceda. A actividade será televisada en directo pola TVG2. Os resultados da xornada foros os seguintes:

Categoría absoluta

  • Campión: Manu Pozo (Billardeiros Musicais-Ribadeo)
  • Subcampión: Cotelo (APB-A Laracha)
  • Terceiro clasificado: Xan Rodiño (Lúa de Forza-Sanxenxo)

Categoría feminina

  • Campioa: Geni (Billardeiros Musicais-Ribadeo)
  • Subcampioa: Mercedes (Campo da Feira-Paiosaco)
  • Terceira clasificada: Silvia (Cochiqueiros -Cerceda) 

Categoría infantil

  • 1º Abel (Campo da Feira-Paiosaco) 
  • 2ª Aroa (Billardeiros Musicais-Ribadeo) 
  • 3º Nuno (Filloas de Sangue-A Coruña) 

Equipos

  • Campión: Billardeiros Muscais (Ribadeo) 
  • Subcampión: Campo da Feira (Paiosaco) 
  • Terceiro: APB (A Laracha) 

"Queremos agracecer a Concellaría de Deportes da Coruña os trofeos e os agasallos donados para esta xornada. Ao Concello de Culleredo por facilitarnos a pista de xogo e a Asociación Castro Laxe, por nos abrir a pista, por deixarnos facer uso dos baños e por todo o que se refire ao servizo cafetería Moitísimas grazas por facer máis grande cada día o noso deporte", afirman desde a Liga.