Campo da Feira de Paiosaco destaca na novena xornada de billarda en Oleiros

Novena xornada de billarda en Oleiros
Novena xornada de billarda en Oleiros

O xogo celebrouse nunha pista polideportiva cuberta en Oleiros

O domingo pasado celebrouse a 9ª xornada da Liga Atlántica de Billarda na pista polideportiva cuberta do Parque "Os Regos" do concello de Oleiros. Polo mal tempo non se puido celebrar no campo que está a carón da citada pista. A pista de cemento ditou sentenza a favor de Campo da Feira que volveu ganar unha vez máis a xornada. A pesar de ser unha superficie de 40 metros non houbo máis que tres varados (Collazo, Juan Carlos e Fran). Os resultados foron:

Categoría absoluta

  • 1 Óscar Ponte (Campo da Feira-Paiosaco) 
  • 2 Xose.Collazo (Campo da Feira-Paiosaco) 
  • 3 Xose Cotelo (APB-A Laracha)

Categoría infantil

  • 1 Abel Ponte (Campo da Feira-Paiosaco) 
  • 2 Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña) 
  • 3 Guillermo (Filloas de Sangue-A Coruña) 

Categoría feminina

  • 1 Marisa (Lúa de Forza-Sanxenxo) 
  • 2 Silvia (Cochiqueiros-Cerceda)
  • 3 Aurelia (Campo da Feira-Paiosaco) 

Desde a organización agradecen ao concello de Oleiros a súa colaboración coa Federación Galega de Deporte Autóctono, Modalidade Billarda, coa cesión da pista cuberta do Parque dos Regos para celebrar a xornada, así como, coa achega dos premios. A representación do concello foi a concelleira de Deportes Teresa Vázquez. A próxima xornada será o 13 marzo en A Torre da Coruña.