Inauguración do Centro Comunitario de Caión coa presencia do presidente da Xunta

O alcalde da Laracha xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na porta do novo centro

Alberto Núñez Feijóo foi recibido polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, para inaugurar o novo centro "Costa da Morte"

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao novo centro comunitario de Caión como "exemplo da suma de esforzos para construír lugares de encontro e foros que logran cohesionar os pobos".  Na opotunidade, foi recibido polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, quen ademáis guiou aos presentes, entre eles a conselleira de Política Social, Fabiola García, no percorrido polas instalacións. Tamén estiveron na inauguración a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Diego Calvo, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. Tamén estiveron presentes Santiago González, arquitecto do estudo Naos, e Pedro Rodríguez, responsable da empresa construtora Desarrolla.

O Centro Comunitario "Costa da Morte" foi bendicido, como primeiro acto solemne, polo párroco Andrés Trinquete. Posteriormente, no salón principal, o alcalde pronunciou as primeiras palabras sobre a importancia desta nova estrutura comunitaria. Pola súa banda, o primeiro mandatario galego, referiuse ao centro con palabras de eloxio e fixo unha referencia histórica sobre a vila de Caión. Para finalizar a cerimonia, catro integrantes da Asociación Cultural Arume interpretaron unha peza tradicional.

Este centro conta cun salón de actos, unha zona de  traballo para a Confraría de Pescadores, unha biblioteca e varias salas multiusos que permitirán aos veciños compartir tempo e actividades. Núñez Feijóo destacou que este novo equipamento público, que  vén a sumarse  á  outros, non que a Administración autonómica  investiu  máis de 4  millóns de euros, dálle un novo impulso á comarca, tecendo un fío entre ou pasado e ou futuro.

"Vocación integradora"

Pola súa parte, o alcalde da Laracha explicou que o nome do centro comunitario é simbólico pola “vocación integradora das novas instalacións”. Engadió que será un “enclave de xuntanza cultural e social e, desde este instante, infraestrutura emblemática da cabeceira da Costa da Morte”. López Varela tamén destacou a “singularidade construtiva polas formas curvas que simulan o lombo das baleas. Ademáis, agradeceu a cooperación da Xunta de Galicia no financiamento do edificio. Tamén o fixo coa Confraría de Pescadores por “tantos anos de bo entendemento, colaboración e acordos para a mellora de Caión”.

O rexedor avanzou que en breve o novo centro comunitario acollerá unha exposición da rede REMA de Espazos Museísticos Atlánticos en colaboración co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Costa da Morte e do Arquivo da Pesca de Caión. Para concluír, mostrou a súa satisfacción por “cumprir o compromiso de dotar a Caión cunha infraestrutura multifuncional”.

Fachada do novo Centro Comunitario de Caión inaugurado hoxe, 8 de setembro de 2021
Autoridades do goberno galego e da corporación municipal da Laracha no acto de inauguración