Nova marquesiña no centro comunitario de Caión
Investiranse na marquesiña preto de 48.000 euros procedentes integramente de fondos municipais
Xa están en execución as obras de proxecto de construción dunha marquesiña no Centro Comunitario de Caión. É un elemento de resgardo no acceso á edificación de recente creación, incluíndo ademais o acondiciomento do espazo exterior xunto a unha das entradas. Este ámbito está moi exposto á choiva e ao vento, polo que o Concello proxectou esta solución para aumentar o confort das persoas que acudan ao centro. A marquesiña quedará perfectamente integrada no edificio, dándolle continuidade ao estar realizar coa mesma tipoloxía formal e material.
O novo elemento será de baixa estatura para evitar que tape a entrada da luz natural e as vistas ao mar no primeiro andar do inmoble. Polos lados expostos ao mar terá un peche con carpintería e vidro, contemplando a opción de recollerse por un lateral durante o horario de apertura. Tamén contempla a creación dun percorrido adaptado polo exterior do edificio poder acceder a esta zona desde a beirarrúa. A actuación suporá un investimento próximo aos 48.000 euros a financiar integramente con fondos municipais.
Instalación de referencia
O centro comunitario “Costa da Morte” será unha instalación de referencia en Caión. Reforzará a cobertura en infraestruturas públicas da vila, abrindo novas posibilidades para ofrecer servizos, programas e iniciativas de interese xeral. O deseño do singular edificio está vinculado á historia de Caión ao presentar unha forma exterior curva. Así, recorda ao lombo das baleas, especie que se cazou no porto durante os séculos XVI e XVII.
O inmoble será plenamente multidisciplinar ao contar con oficinas administrativas. Unha delas serán trasladadas as dependencias da Confraría de Pescadores. Ademáis terá aulas polivalentes, auditorio e espazos de exposicións. A súa superficie total, incluíndo zonas comúns, aseos e almacéns, alcanza os 882,60 metros cadrados. O proxecto tivo un orzamento de 1,2 millóns de euros. Así, mesmo, o Concello investiu outros 35.000 euros en amoblar todas as estancias e na dotación do equipamento audiovisual do auditorio. As actuacións estanse a facer de xeito simultáneo á creación da marquesiña para poder dispoñer do novo edificio plenamente funcional á maior brevidade.
