Os Reis Magos percorren as parroquias da Laracha

Foto: Kevin Phillips/ Pixabay
Foto: Kevin Phillips/ Pixabay

A Cabalgata dos Reis Magos percorre A Laracha levando ilusión a todos os nenos e nenas das trece parroquias.

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, volven percorrer as trece parroquias do Concello na cabalgata que A Laracha celebra mércores e xoves. O día cinco tamén haberá unha festa infantil desde as 17:00 horas no pavillón do IES Agra de Leborís. Mientras agardan ás Súas Maxestades.

O percorrido previsto para o xoves 5 de xaneiro é o seguinte:

  • MAÑÁ
  • 11:00 h: Saída. Paso por A Telleira, urbanización Monte Claro e O Cancelo.
  • 11:30 h: Parada no Igrexario de Cabovilaño. Paso por Cardois, A Braña, O Regado, Arén, O Castro, A Lagarteira, A Braña Grande, Proame e A Fontaíña.
  • 12:30 h: Parada no Igrexario de Lemaio. Paso por A Teixoeira, Nogán, urbanización O Pereiro, As Calzadas, Bos Aires, O Formigueiro, A Ribela, Marfulo, Os Meáns, Amboade e A Areosa.
  • 13:30 h: Fin do percorrido no Igrexario de Vilaño.
  • TARDE
  • 15:30 h: Saída. Paso por Estramil, Escurido e O Retorno.
  • 15:45 h: Parada no Cruceiro de Lendo. Paso por A Fontenla, O Campo e Bragunde, O Campo da Porta, A Xesteira, O Campo da Costa e A Pedreira.
  • 17:00 h: Parada na praza Eduardo Vila Fano de Caión. Percorrido polas rúas da vila e paso por Xermaña, A Barreira, A Cachada e Lestón.
  • 18:00 h: Parada no campo da feira de Paiosaco e percorrido polas principais rúas da vila.
  • 18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.
  • 19:30 h: Fin do percorrido no pavillón do IES Agra de Leborís.