Dous días de Cabalgata dos Reis por todas as parroquias

Os Reis Magos visitarán as parroquias da Laracha durante dous días
Os Reis Magos visitarán as parroquias da Laracha durante dous días

Os Reis saudarán aos nenos e lanzarán caramelos, pero non baixarán das carrozas para evitar aglomeracións

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, percorrerán as trece parroquias do Concello da Laracha na cabalgata de dous días que se vai realizar durante as xornadas do luns 4 e o martes 5 de xaneiro. As circunstancias actuais impiden que os reis poidan baixarse das carrozas e interactuar cos asistentes como era tradición para evitar as aglomeracións. Sen embargo, lanzarán caramelos e os nenos si poderán saudalos a pé de rúa nos principais núcleos de poboación de cada parroquia. O percorrido previsto é o seguinte:

Martes 4 de xaneiro

MAÑÁ

  • 11:00 h: Saída. Paso por Avenida López Astray, Gabenlle, Requesende, A Ferrulleira, Os Muíños de Abaixo, Merelle e O Cruceiro de Coiro.
  • 11:30 h: Parada xunto á igrexa de Coiro. Paso por Novás.
  • 12:00 h: Parada no Igrexario de Soutullo. Paso por A Xesta, O Seixoso, O Vilar, San Pantaión, As Orxeiras e Golmar do Medio.
  • 12:30 h: Parada no campo de Lamas. Paso polo Igrexario de Golmar, A Beria, O Ramallal, San Cristovo, As Cerqueiras, O Viso, Goexe, O Sopé e Propeste.
  • 13:30 h: Fin do percorrido en Santa Margarida de Montemaior.

TARDE

  • 15:30 h: Saída de Santa Margarida. Paso por As Cernadas, A Pena, A Baiuca, Cumiáns e O Raño.
  • 16:00 h: Parada no Igrexario de Montemaior. Paso por A Ferreira, Trixezo, A Brea, Saldante, A Fraga e Villamir.
  • 17:00 h: Parada no mosteiro de Soandres. Paso por Boimir, O Campo Medado, Santa Baia, Curros, A Millarada, Vista Alegre, Condesuso, Vilarmaior e A Fontenla.
  • 18:00 h: Parada no Igrexario de Erboedo. Paso por O Toural, Penso, O Rapadoiro, O Loureiro, A Medoña, Paiosaco, A Porta Santa, Fofelle e As Torres de Cillobre.
  • 18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.
  • 19:30 h: Fin do percorrido na Praza do Concello.

Mércores 5 de xaneiro

MAÑÁ

  • 11:00 h: Saída. Paso por A Telleira, urbanización Monte Claro e O Cancelo.
  • 11:30 h: Parada no Igrexario de Cabovilaño. Paso por Cardois, A Braña, O Regado, Arén, O Castro, A Lagarteira, A Braña Grande, Proame e A Fontaíña.
  • 12:30 h: Parada no Igrexario de Lemaio. Paso por A Teixoeira, Nogán, urbanización O Pereiro, As Calzadas, Bos Aires, O Formigueiro, A Ribela, Marfulo, Os Meáns, Amboade e A Areosa.
  • 13:30 h: Fin do percorrido no Igrexario de Vilaño.

TARDE

  • 15:30 h: Saída. Paso por Estramil, Escurido e O Retorno.
  • 15:45 h: Parada no Cruceiro de Lendo. Paso por A Fontenla, O Campo de Bragunde, O Campo da Porta, A Xesteira, O Campo da Costa e A Pedreira.
  • 17:00 h: Parada na praza Eduardo Vila Fano de Caión. Percorrido polas rúas da vila e paso por Xermaña, A Barreira, A Cachada e Lestón.
  • 18:00 h: Parada no campo da feira de Paiosaco e percorrido polas principais rúas da vila.
  • 18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.
  • 19:30 h: Fin do percorrido na Praza do Concello.