"A Laracha acolle", un programa para inmigrantes

No encontro dos participantes co rexedor municipal puideron trasladarlle a súa satisfacción polo desenvolvemento da iniciativa e os seus avances no coñecemento do territorio larachés e da cultura e o idioma galego

"A Laracha acolle" é un programa dirixido á inclusión social e cultural das persoas inmigrantes.

Na segunda edición do programa municipal "A Laracha acolle" están a participar 15 persoas naturais de Marrocos, Paquistán, Ucraína, Colombia e Portugal.

Neste sentido, vai dirixido ás persoas inmigrantes empadroadas no termo municipal e ten por finalidade a súa inclusión social e cultural. Componse de dúas liñas de acción complementarias:

  • o taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia
  • a creación do espazo de expresión e participación cultural Exprésa-T: dirixido ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida, intercambio e socialización, así como ao tratamento de temas transversais de xénero e coeducación

Tamén as persoas interesadas en participar no programa "A Laracha acolle" deben inscribirse no departamento de Servizos Sociais, ben acudindo ao edificio administrativo da Laracha ou chamando ao 981612811.

El diario de A Laracha te invita a seguir sus redes sociales: facebook, twitter, instagram, canal de youtube