A cuarta xornada da Liga Atlántica de billarda celebrouse en Laxe

Xornada de billarda no Concello de Laxe

Acudiron nesta xornada na vila mariñeira preto de 60 palanadores e palanadoras

O dia amañeceu con choiva pero antes de comezar a xornada en Laxe o tempo melloraba. Algúns palanadores querían xogar onde estaba previsto: na praia de Laxe. É un lugar onde a visión do xogo sería mais fermosa que dentro do pavillón e reducir a posibilidade de contaxio en espazo aberto. Pero desde a organización decidiron xogar finalmente no pavillón.

Categoría Infantil

  • Primeiro: Abel do Campo da Feira-Paiosaco
  • Segundo: Óscar García do Cochiqueiros-Cerceda
  • Terceira: Carmela da APB A Laracha

Categoría feminina

  • Primeira: Isa do Campo da Feira-Paiosaco
  • Segunda: Mercedes do Campo da Feira-Paiosaco
  • Terceira: Lola do Rinocerontes-Pontevedra

Categoría Absoluta

  • Campión: Xosé Collazo do Campo da Feira-Paiosaco
  • Segundo: Javier do Chaínzos-Cadaval de Castro de Rei (Lugo)
  • Terceiro: Berdillo do Cochiqueiros

Equipos

  • O Campo da Feira dominou a xornada e foi o equipo vencedor
  • APB na segunda posición
  • Cochiqueiros como terceiros

A Liga Atlántica de Billarda agradeceu ao Concello de Laxe pola súa presenza, representada polo alcalde Jose Luis Añón. Tamén, estivo a concelleira de Cultura, Raquel Lema Allo. Ambos entregaron os premios aos vencedores e agasallaron coa típica tortilla doce de Laxe. A próxima xornada de Billarda celebrarase na Silva-Cerceda e contará co convite do restaurante “O Cordobés” de Razo.