Terceira xornada de billarda en Paiosaco

Tercera xornada de billarda en Paiosaco o día 12 de octubre
Tercera xornada de billarda en Paiosaco o día 12 de octubre

Nesta oportunidade a xornada da Liga Atlántica reunió a 54 palanadores

Na terceira xornada da Liga Atlántica de Billarda (L.A.B.) celebrada en Paiosaco o 12 de outubro contó cunha participación de 54 palanadores. Estiveron presentes equipos locais, de Lugo, Rías Baixas e Ferrol. "O campo era de herba mollada polo rocío da noite despois da resaca da  participación duns compañeros en el concurso de "Got Talent" para dar a conocer a billarda", comentan os organizadores. Desde a Liga agradecen, ademáis, ao concejal Ramiro Bello Recouso que estivo presente na xornada e ao Concello da Laracha pola colaboración, promoción e difusión deste deporte. Tamén por proporcionar un novo lugar para súa práctica. Recordamos que Cabanas acolleu a segunda xornada. Os resultados deste fin de semana foron os seguintes:

Categoría absoluta:

  • 1º Xan Rodiño (Lúa de Forza-Sanxenxo)
  • 2º Juan Carlos (Billarda Campo da Feira-Paiosaco)
  • 3º Xulio (Campo da Feira-Paiosaco)

Categoría feminina:

  • 1ª Isa (Campo da Feira-Paiosaco)
  • 2ª Vero (Chaínzos Cadaval-Castro de Rei)
  • 3ª Delia (Chaínzos Cadaval-Castro de Rei)

Categoría infantil:

  • 1º Abel (Campo da Feira-Paiosaco)
  • 2º Óscar García (Cochiqueiros-Cerceda)
  • 3º Uxío (Filloas de Sangue-A Coruña)

Categoría de equipos:

  • 1º Campo da Feira-Paiosaco
  • 2º A.P.B.-A Laracha
  • 3º Filloas de Sangue-A Coruña