A nova "Primavera Teatral" de Paiosaco constará de tres funcións en abril

O venres 8 de abril comenza a programación cultural en Paiosaco
O venres 8 de abril comenza a programación cultural en Paiosaco

As funcións serán os días 8, 22 e 29 de abril no centro sociocultural de Paiosaco

O Concello presenta o programa da undécima edición do ciclo de teatro de Paiosaco. A "Primavera Teatral". Afianzado como un dos referentes da programación cultural municipal, desenvolverase ao longo dos venres do mes de abril. A cita é no auditorio do centro sociocultural ás 21:00 horas e constará de tres espectáculos:

  • 8 de abril: O mel non caduca, de Ibuprofeno Taetri e cos actores Aveliño González e Marián Bañobre
  • 22 de abril: A parábola de Angazo, a última obra de Talía Teatro. Toño Casais e Artur Trillo, baixo a dirección de Diego Rey, protagonizan esta obra
  • 29 de abril: Reino da extinción, unha comedia de Amorodio Teatro

Colabora co Concello na organización da Primavera Teatral de Paiosaco a Deputación da Coruña.