A praia de Caión podería contar con oito socorristas e un coordinador

Praia de Caión, no Concello da Laracha

Outros dous efectivos incorporaríanse a praia de Caión ao abeiro de axudas da Xunta para fomento do emprego

O Concello da Laracha ten previsto reforzar o servizo de salvamento e socorrismo na praia de Caión ao longo da temporada de baño que comezará a mediados de mes. O propósito do goberno municipal é dispoñer dun total de nove efectivos: oito socorristas máis un coordinador.

Ademáis, a contratación dos mesmos farase, segundo as previsións municipais, por dúas vías diferentes. A primeira delas xa se iniciou o pasado 28 de maio. Foi coa licitación do contrato do servizo de socorrismo, salvamento, vixilancia e primeiros auxilios na praia de Caión. A mesma publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público. O prazo de presentación de propostas permanecerá aberto ata o 12 de xuño.

Así, a empresa que resulte adxudicataria deberá dotar á praia con seis socorristas e un coordinador xeral. Eles deberán prestar servizo do 15 de xuño ao 15 de setembro, todos os días entre as 12:00 e as 20:00 horas. O orzamento de licitación ascende a 49.181,73 euros (impostos incluídos). Neste caso o servizo será financiado íntegramente con fondos municipais.

Colaboración con entidades locais

Por outra banda, o Concello solicitara participar na convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais. A finalidade era contratar dous socorristas para a temporada de verán en Caión. Dita liña de subvencións está pendente de resolución.

No caso de que sexa favorable, o Concello iniciaría o correspondente procedemento de selección de persoal e reforzaría o servizo con dous efectivos máis. No pasado verán a praia de Caión contou cun total de seis socorristas e o coordinador do servizo. A previsión do Concello e aumentar o equipo de salvamento con dous efectivos máis.