Compensarán aos titulares de postos da feira de Paiosaco

Os titulares dos postos da feira de Paiosaco será recompensados coa taxa
Os titulares dos postos da feira de Paiosaco será recompensados coa taxa

Polos acordos tomados na comisión de seguimento ante a Covid-19, o Concello da Laracha compensará ao titulares dos postos pola su actividade limitada

A feira de Paiosaco será o domingo 1 de novembro. As actuais medidas sanitarias, impostas pola Xunta de Galicia, limitan a presenza de postos ao cincuenta por cento. Do mesmo xeito que noutras feiras nas que existiu a mesma restrición, o Concello da Laracha permitirá en exclusiva a instalación de postos de alimentación por tratarse de produtos de primeira necesidade.

A actividade que se desenvolve na feira de Paiosaco no primeiro e no terceiro domingo de cada mes é un motor económico fundamental para a vila e unha cita de especial relevancia para os comerciantes dos diferentes sectores.

Neste ano as medidas restritivas acordadas polas autoridades sanitarias debido á crise do coronavirus nalgúns casos impediron a celebración de xornadas de feira. E noutros, limitou o número de postos de venda ao cincuenta por cento.

Importe da taxa

O recinto feiral de Paiosaco conta con 470 postos de venda de 3x3 metros cadrados de superficie asignados a un total de 214 comerciantes. Para cada un deses postos a taxa anual é de 28,50 euros. Os trámites para a liquidación das taxas están delegados na Deputación Provincial da Coruña, que xa comezou e emitir os recibos e a envialos aos titulares dos postos.

Unha vez rematado o período de pago voluntario, o Concello estudará individualmente, caso por caso, compensar o importe da taxa. Tomaranse como referencia tanto os acordos das comisións municipais de seguimento do Covid-19, como tamén a situación daqueles sectores comerciais aos que non se lles permitiu exercer a actividade nas feiras polas restriccións. Nestes casos compensarase, tamén, a parte proporcional da taxa daquelas xornadas.

Os titulares dos postos da feira foron afectados polas restriccións ante o coronavirus