A feira de Paiosaco contará con 120 postos en 13.000 metros cadrados

Comerciantes ambulantes na Feira de Paiosaco
Comerciantes ambulantes na Feira de Paiosaco

O Concello da Laracha habilitará a venda nun ámbito de 13 mil metros cadrados de superficie para facilitar que as persoas poidan gardar a distancia social

O domingo celebrarase unha nova xornada de feira en Paiosaco que estará limitada polo condicionantes establecidos polas autoridades competentes por seguridade ante a Covid-19. Será a segunda vez que se desenvolva a feira de Paiosaco durante o estado de alarma. Flexibilizándose algunhas das medidas que foi preciso tomar na celebrada no segundo domingo do pasado mes de maio.

Nesta ocasión o Concello, respectando o emprego dun máximo de un terzo do aforo, habilitará 120 postos de venda nun ámbito de 13.000 metros cadrados de superficie. A idea é facilitar que as persoas que acudan poidan gardar a distancia social. Dito espazo estará valado e contará con catro puntos de acceso e saída.

Produtos de campo, alimentos elaborados e artesanías

Permitirase a actividade a vendedores de produtos do campo, de alimentos elaborados e de artesanías. Os comerciantes que reservaran os seus postos de venda deberán montalos a partir das 8:00 horas do domingo. Y sempre baixo a supervisión da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e dos encargados municipais da feira para garantir o cumprimento das medidas de seguridade.

O Concello da Laracha agradece o excelente comportamento dos comerciantes e compradores na anterior feira, celebrada o 17 de maio. Hoxe olve pedir a colaboración de todas as persoas que acudan ao recinto feiral o domingo para desenvolver a actividade con garantías de seguridade.