"Facendo pan" no Muíños de Golmar

Imaxe do obradoiro no Museo dos Muíños de Golmar
Imaxe do obradoiro no Museo dos Muíños de Golmar

O sábado quince nenas e nenos de entre 4 e 8 años visitaron o Museo dos Muíños de Golmar

"Facendo pan" foi o obradoiro infantil que se realizou o pasado sábado no Museo dos Muíños de Golmar. Participaron unha quincena de rapaces de idades comprendidas entre os 4 e os 8 anos.

A actividade constou de dúas fases. A divulgativa consistiu nunha visita comentada polo museo para coñecer a historia, xeografía, arquitectura, tradición e economía da época de maior importancia dos muíños de auga. Tamén o funcionamento dos seus diferentes mecanismos, incluíndo o visionado dun vídeo explicativo.

Na fase participativa cada neno amasou e preparou o seu propio bolo seguindo a receita que se explicou previamente. A continuación, coceuse no forno da Panadería Antonio, situada xunto ao museo. Finalmente explicáronse as diferentes partes do pan (codia, miolo, corrosco, codela, etc.).

Participaron da actividade niñas e niños de entre 4 e 8 anos