Formalizado o contrato para mellora viaria en catro parroquias

Formalización do contrato para mellora viaria de catro parroquias da Laracha
Formalización do contrato para mellora viaria de catro parroquias da Laracha

O proxector está valorado en 74.000 euros e contempla intervencións nas parroquias de Montemaior, Soandres, Cabovilaño e Lemaio

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o responsable da empresa SYR-AMG, formalizaron o contrato de mellora viaria en catro parroquias. Trátase de estradas municipais situadas en Montemaior, Soandres, Cabovilaño e Lemaio.

Contempla catro intervencións diferenciadas nas vías:

  • A Ferreira (parroquias de Montemaior e Soandres)
  • San Fins de Arriba en dirección á estrada CP-2404 (Montemaior)
  • estrada que comunica A Costa e Tuixe de Abaixo (parroquias de Cabovilaño e Lemaio)
  • unha última actuación que daría continuidade á anterior nun camiño de Tuixe de Abaixo

En todos os casos as obras teñen por finalidade mellorar o firme e a drenaxe das estradas, facilitar a circulación e aumentar a seguridade viaria. Unha vez completados todos os trámites administrativos, as obras comezarán a executarse ao longo desta semana.

O proxecto está valorado en 74.000 euros. Será cofinanciado entre o Concello e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.