Andainas por A Laracha para maiores de 55 anos

Andainas para coñecer mellor o concello e seus recunchos
Andainas para coñecer mellor o concello e seus recunchos

A inscrición as andainas e gratuíta e requírese cubrir o formulario que estará dispoñible na web municipal

O Concello organiza andainas guiadas para persoas maiores de 55 anos.Trátase dnha oportunidade para coñecer polo miúdo os bonitos cornechos do territorio e unha maneira de estar en forma neste outono. Unha aposta pola saúde e o lecer. Baixo o título de “Xoves de Andainas e Lecer: Muiños e Ríos”, o fío condutor serán os ríos da Laracha. Tamén, os muíños de auga que podemos atopar nestes paseos.

A saída  destas rutas será os xoves 7, 14 e 21 de outubro, en bus dende a praza Olonne sur Mer as 10:00 horas:

Lembramos que para profundizar sobre o coñecemento dos muíños de auga temos o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga de Golmar. Conta co distintivo de centro azul. Este museo está aberto ao público os venres o os sábados en horario de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden concertarse visitas de grupos en calquera outra data.