Final do 35º Torneo "Concello da Laracha"

A final é mañá, sábado 9 de xullo
A final é mañá, sábado 9 de xullo

Mañá, sábado 9mdesde as 19:00 horas no Campo Municipal da Laracha, disputase a final de peñas de fútbol con entrada gratuita

A final da 35ª edición do campionato de peñas de fútbol ‘Concello da Laracha’ enfrontará a Canteras El Pozo e Bértoa o sábado 9, a partir das 19:00 horas no Campo Municipal da Laracha.

O conxunto de Soandres (Canteras El Pozo) chega ao partido decisivo despois de superar a San Ramón nas semifinais. Bértoa tivo que gañar dous partidos, o da rolda previa  a Soandres Veteranos e as semifinais a San Román Veteranos, para chegar á cita do sábado. A entrada para o público que desexe asistir ao partido da final do torneo é libre e gratuíta.