Comenzó a disputarse o 35º Torneo de Peñas de Fútbol "Concello da Laracha"

Torneo Concello da Laracha
Torneo Concello da Laracha

As semifinais do torneo serán o 2 de xullo e a final o 9 de xullo

O torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol celebrará neste verán a súa 35ª edición tralo parón de dous anos motivado pola pandemia. Nesta ocasión son cinco as peñas participantes. O sistema de competición é por eliminatorias a un único encontro a disputar, en todos os casos, no Campo Municipal da Laracha con entrada gratuita para o público.

Realizado o sorteo da competición, na rolda previa quedaron emparellados Soandres Veteranos e Bértoa, que xogaron o sábado pasado. As semifinais disputaranse o sábado 2 de xullo, cos seguintes encontros:

  • 18:00 h: San Ramón – Canteras El Pozo
  • 20:00 h: San Román Veteranos – Vencedor da rolda previa.

O 9 de xullo xogaranse a final (20:00 horas) e o partido polo terceiro posto (18:00 horas).