Concello e Confraría de Pescadores renovan a súa colaboración a prol do Arquivo

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e José
Héctor Morgade Carracedo, Patrón Maior de Caión, rubricaron o convenio. Fonte foto: Concello da Laracha
José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e José Héctor Morgade Carracedo, Patrón Maior de Caión, rubricaron o convenio. Fonte foto: Concello da Laracha

Concello e Confraría de Pescadores de Caión renovan o convenio de colaboración.

O concello da Laracha e a Confraría de Pescadores de Caión renovan o convenio de colaboración. A colaboración é para mantemento e funcionamento do Arquivo e Pesca.

Ademais esta colaboración se materializa nunha subvención nominativa municipal que ascende a 5.000 euros.

Neste sentido, o acto da firma do convenio se celebrou na sala de xuntas do Concello. Héctor Morgade Carracedo, Patrón Maior de Caión e o Alcade da Laracha rubricaron o convenio en virtude do que se renova a colaboración entre o Concello e a Confraría de Pescadores da localidade costeira nos mesmos termos que nos anos anteriores.

Tamén este convenio establece que o Concello da Laracha concede unha subvención nominativa de 5.000 euros coa finalidade de cooperar no financiamento dos gastos derivados da apertura ao público e o mantemento das instalacións (gastos en persoal, limpeza, electricidade, etc.) do Arquivo da Pesca, museo que é propiedade da Confraría.

Aclarar que o Arquivo da Pesca foi creado:

  • para poñer en valor o rexistro histórico da Confraría
  • dignificar o oficio dos pescadores
  • divulgar a cultura mariñeira

Por otro lado, atópase no baixo do edificio do pósito, en pleno paseo marítimo de Caión. Alberga os fondos do arquivo e unha exposición permanente que percorre a historia e a cultura mariñeira da vila a través da actividade pesqueira. Por medio de documentos, obxectos e paneis explicativos pódese coñecer o pasado de Caión, desde os antigos baleeiros ata a época dourada da pesca no século XX.