Xornada de portas abertas sobre oficios de pesca artesá

Imaxe do obradoiro na Laracha Activa. Nesta semana quenda de xornada sobre pesca
Imaxe do obradoiro na Laracha Activa. Nesta semana quenda de xornada sobre pesca

No marco de "A Laracha activa e o mar de Caión" a xornada e visita á exposición son libres e gratuítas

O programa "A Laracha activa e o mar de caión" completarase o fin de semana cunha xornada de portas abertas sobre os oficios da pesca artesá. Comezarán o venres 23, de 19:00 a 21:00 horas no centro sociocomunitario con tres conversas. Pasado, presente e futuro do mar a cargo dos historiadores Marcos E. Amado e Fernando Patricio Cortizo e de profesionais do sector pesqueiro. Ademais, o sábado e o domingo poderase visitar a exposición en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas. A asistencia ás conversas e a entrada para a visita á exposición son libres e gratuítas.

Tamén, permanece aberta a inscrición na camiñada que se vai realizar o sábado 24 10:30 a 13:30 horas. Partirase da Confraría de Pescadores e consistirá nun percorrido guiado de apenas catro quilómetros de distancia e de dificultade baixa. Anotarse é gratis e pode facerse vía telefónica (981 605001), presencialmente no Concello ou enviando un correo electrónico a turismo@alaracha.gal

Excelente acollida do público

As iniciativas desenvolvidas no marco deste programa medioambiental tiveron unha excelente acollida por parte do público. Nas tres quendas dos obradoiros de recollida do golfe e salgadura de peixe participaron preto de cincuenta persoas. Unha vintena asistiron á camiñada polo litoral da vila.

‘A Laracha Activa e o Mar de Caión’ é organizado polo Concello da Laracha en colaboración co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Costa da Morte. Pretende os obxectivos de reforzar os valores ambientais e patrimoniais do litoral caionés ao mesmo tempo que dinamizar o turismo.