Casaslongas, protagonista de melloras na rede viaria

Foto: Concello da Laracha

O Concello está a mellorar a rede viaria, tamén no lugar de Casaslongas.

Agora está a traballar en Casaslongas. Tamén o Concello está a mellorar a rede viaria en seis núcleos de poboación da parroquia de Montemaior.

  • Casaslongas
  • O Batalo
  • Bardenlos
  • A Ferreira
  • O Lorteiro
  • Pazos

Así agora as obras localízanse no lugar de Casaslongas. A intervención afecta a tres camiños nos que se está a dotar a estrada cunha nova capa de agloramerado para facilitar a circulación dos vehículos.

A continuación, están previstas intervencións nas vías dos núcleos e nos accesos a O Batalo, Bardenlos e A Ferreira para mellorar a superficie de rodadura, a rede de recollida de augas pluviais e as cunetas.

Ademais, realizaranse as sinalizacións viarias oportunas, tanto horizontal como vertical, nos puntos nos que así sexa necesario.

Tamén, no núcleo de O Lorteiro está prevista a renovación do firme, o acondicionamento dos sobreanchos e a correspondente sinalización para
aumentar a seguridade viaria.

Por último, en Pazos será mellorada a superficie de rodadura dos vehículos.