Comezaron as obras do parque de patinaxe

Obras no parque de patiñaxe no centro do Concello da Laracha
Obras no parque de patiñaxe no centro do Concello da Laracha

O Concello inviste 155.000 euros no parque de skate procedentes de fondos municipais

As obras de construción do parque de patinaxe Skatepark xa están en marcha. Neste ambicioso e novidoso proxecto, o Concello investirá 155.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais. A obra ten a finalidade de ofrecer unha nova alternativa para o ocio e a práctica deportiva especialmente dirixida ao público adolescente e xuvenil.

O Skatepark disporá de diferentes tipos de planos inclinados e costas para ofrecer un amplo abano de posibilidades de movementos, piruetas e acrobacias. Contará, ademais, cunha fonte de auga potable e iluminación en báculos e proxectores simétricos LED. O proxecto contempla as correspondentes canalizacións dos servizos de abastecemento e electricidade, ademais da recollida de pluviais para evitar a acumulación de auga de choiva na pista.

O lugar escollido para habilitar este novo equipamento de titularidade municipal e de uso libre é na parte posterior do IES Agra de Leborís. Alí o Concello está a crear una nova área deportiva de referencia na capital municipal. Visitaron as obras do parque o alcalde, José Manuel López Varela, e  a concelleira de Deportes, Patricia Bello