Terceira edición dos Rueiros da Vila

A oficina de información turística de Caión acolleu a
presentación do evento a cargo do alcalde, José Manuel López Varela, a
concelleira de Cultura, Patricia Bello, e Mahoney en representación de Sincro,
a productora que xestiona o programa
A oficina de información turística de Caión acolleu a presentación do evento a cargo do alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Cultura, Patricia Bello, e Mahoney en representación de Sincro, a productora que xestiona o programa

Rueiros da Vila celebra a súa terceira edición durante as fins de semana da segunda quincena de agosto.

Así Caión volve converterse nun festival musical e cultural coa celebración da terceira edición Rueiros da Vila. A festa terá lugar durante as fins de semana
da segunda quincena de agosto: os días 18, 19, 20, 25, 26 e 27.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, a música será a gran protagonista e encherá todos os recunchos de Caión durante esas xornadas ao esta habilitados catro escenarios diferentes para aproveitar todo o potencial que ofrece a localidade:

  • Patio: finca situada entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo.
  • Cárcere Vello: paseo marítimo.
  • Rueiro das Figueiras: praza Virxe dos Milagres.
  • Salseiras: zona verde xunto ao acceso principal á praia.

Tamén haberá actividades culturais, lúdicas e recreativas dirixidas a todos os públicos. O Roteiro da Vila consistirá nun percorrido polos lugares máis importantes da localidade guiado polo historiador Marcos Amado e coa colaboración da Confraría de Pescadores de Caión. Os Rueiros Pequeniños inclúen dous espectáculos para o público infantil e familiar.

Caión

Neste sentido, o alcalde fixo referencia ao “éxito das dúas edicións anteriores” e felicitouse por ofrecer en Caión un programa especial, distinto, para que poidan desfrutar veciños e turistas e que sexa o anticipo das festas principais, que son as dos Milagres”.

Tamén valorou a importancia de que “teña cabida todo tipo estilos musicais” e concluíu destacando que o programa combine “o mar, a música, a gastronomía, o surf, a tradición e a historia”.

Ademais Mahoney valorou que os Rueiros da Vila estean “consolidados e asentados en Caión”, conformando “un escaparate para bandas emerxentes do panorama galego” e tamén con “espazo para artistas locais xa que cada ano hai laracheses no cartel” como sucederá este ano nas actuacións de Daniela
Montes, A Sombra dos Soños e Cantometrics.

Un programa plural

Tras salientar que se trata dun programa “plural, nutrido e de ambiente familiar”, concluíu referíndose a boa comunicación co Concello que posiblita organizar seis xornadas de actividades en catro localizacións diferentes, todas cun “marco espectacular xunto ao mar”.

Dicir que o programa Rueiros da vila ten o seu propio perfil nas redes sociais: Facebook, Instagram e Youtube. Nestes canles se ofrecerá información puntual sobre todos os eventos que se desenvolverán nesas datas en Caión.

Programación Rueiros da Vila 2023