Deportistas do Club SAL destacan na Comunidad Valenciana

Deportistas do SAL destacan na Comunidad Valenciana
Deportistas do SAL destacan na Comunidad Valenciana

Cinco deportistas da Laracha participaron no IV Campionato de España Infantil e Cadete

Os deportistas do Club Acuático Laracha remataron a súa participación no IV Campionato de España Infantil e Cadete onde conseguiron tres récords galegos:

  • 2 individuais de Pedro Caamaño no 50 m. remolque de manequín e no 100 m. remolque de manequín con aletas
  • 1 terceiro récord no 4x50 relevo mixto logrado polo equipo Cadete (J. Martín, Iria, Pedro e Shaila) o que lles permitiu clasificarse entre os dez mellores de España

A nivel individual debemos destacar os deportistas Juan Martín Rodríguez e Pedro Caamaño que conseguiron colocarse no Top Ten do salvamento español en todas as probas nas que participaron.

Pedro Caamaño acadou o 5º posto no 100 m remolque manequín con aletas e o 6º posto no 50 m remolque de manequín. J. Martín Rodríguez clasificouse no 4º posto na proba 100 m remolque manequín con aletas, 6º posto no 200m supersocorrista e 10º posto no 50 m remolque de manequín.

Todos volven con moi boas sensacións da experiencia vivida este sábado e domingo na Piscina Municipal de Bétera. Pensar agora en preparar a primeira Xornada de Praia que terá lugar a próxima fin de semana, 29 e 30 de abril, na Praia de Balarés. Tamén, no Open Internacional e Campionato de España Xuvenil, Junior e Absoluto dos días 5 ao 7 de maio en Castellón.

Os deportistas do SAL xunto a seu entrenador