Licitación para novo contrato de mantemento das zonas verdes da Laracha

Licitación do servicio de mantemento para espazos verdes do concello da Laracha (Montemaior)

O Concello o sacará a licitación nos próximos días coa finalidade de conservar prazas, paseos fluviais e marítimo, sendas peonís e áreas recreativas

O Concello sacará a licitación nos próximos días o novo contrato para a prestación do servizo de mantemento das zonas verdes públicas de titularidade municipal. A finalidade é a conservación das principais áreas de recreativas e de descanso das parroquias. Tamén, das prazas e parques públicos, os paseos fluviais e marítimo e os entornos de edificios e instalacións municipais. Os servizos serán para manter 85.108 metros cuadrados dos seguintes espazos:

  • Torás: prazas do Concello, Maximino Canedo, O Recreo, da Cultura, Olonne sur Mer, Anselmo Graíño (igrexa parroquial) e piscina; área recreativa de Gabenlle e o seu entorno, sendas peonís da AC-552 e da vía A Cheda-Gabenlle; IES Agra de Leborís, CEIP Otero Pedrayo e escola infantil da Laracha; aparcamentos públicos de vehículos, nova zona deportiva xunto ao IES Agra de Leborís e área de recreo canino.
  • Lestón: recinto feiral de Paiosaco, xardín xunto ao centro sociocultural, praza do Cruceiro e aparcamentos públicos.
  • Caión: paseo marítimo ao completo, aparcamentos xunto á praia, noiros da praza Eduardo Vila Fana e os próximos ao porto, praza da Ribeira, entorno do colexio e intersección da rúas Méndez Núñez co Campo da Insua.
  • Cabovilaño: urbanización Monte Claro e áreas de descanso de O Regado e O Vilar.
  • Golmar: entorno do Museo dos Muíños.
  • Lemaio: O Igrexario e entorno do cemiterio.
  • Montemaior: O Igrexario (praza e entorno da escola) e Cumiáns (escola e pista polideportiva).
  • Soandres: entorno do mosteiro.
  • Lendo: entorno do centro sociocultural.
  • Vilaño: praza da Areosa.
  • Soutullo: praza no entorno da igrexa e aparcamento.
  • Parque empresarial: glorieta e senda peonil de acceso e entorno do viveiro de empresas e da nave municipal.