Conservación medioambiental entorno da praia de Caión no Sendeiro de Saldoiro

Traballos de conservación no entorno da praia de Caión
Traballos de conservación no entorno da praia de Caión

Os traballos de conservación lévanse a cabo nas datas previas á ponte de San Xosé e a Semana Santa

As brigadas municipais de conservación e mantemento dos entornos medioambientais están a realizar unha ampla e completa actuación. Trátase de desbroce e limpeza de vexetación no entorno da praia de Caión, no Sendeiro de Saldoiro. É un tramo do paseo marítimo que vai desde o acceso principal ao areal ata o arroio Figueirido. A xona conta co distintivo de Sendeiro Azul.

Aproveitando as condicións climatolóxicas favorables, os operarios municipais están a acondicionar as zonas verdes e os espazos de esparexemento. Ademáis, están eliminando a materia vexetal nas área de aparcamento de vehículos. A continuación, procederán a realizar as mesmas actuacións ao longo do sendeiro cos obxectivo de embelecer a zona e facilitar a visibilidad.

O alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, e o concelleiro José Ramón Martínez Barbeito, desprazándose ata Caión. Alí mantiveron un encontro cos operarios municipais para darlles indicacións sobre as zonas nas que traballarán nos próximos días.

A intervención afecta a unha superficie de terreo público próxima aos 50.000 metros cadrados. Acométese nestas datas ante a previsión de maior afluencia de visitantes. Trátase do 19 de marzo, ponte de San Xosé, e na última semana de marzo, comenzo da Semana Santa.

conservación Caión, Cabovilano. Torás y Lestón no se incluyen en la flexibilización de Sanidad
Vista da parroquia de Caión en A Laracha