As cachelas e fogueiras de San Xoán só poderán realizarse en fincas privadas

Non está permitido cachelas nin fogueiras en espazos públicos neste San Xoán
Non está permitido cachelas nin fogueiras en espazos públicos neste San Xoán

Para celebrar San Xoán na Laracha hai que solicitar autorización previa oa Concello

O Concello da Laracha soamente permitirá durante o San Xoán a realización de cachelas en fincas privadas. Ademáis é necesario presentar a comunicación previa e cumprir a normativa de seguridade establecida. 

Os documentos poden descargarse da web municipal www.alaracha.gal e deben presentarse de xeito presencial no rexistro xeral ou ben en liña na sede electrónica. Entre outras cuestións, deberán indicarse os datos do organizador, sexa particular ou asociación. Tambén o lugar exacto no que se vai realizar a cachela e o tipo terreo.

Debido á situación sanitaria provocada pola Covid-19, neste ano o Concello non permitirá as cachelas en ningún espazo público (rúas, prazas, praias, etc.).