Sorteo das mesas electorais para os comicios do 12 de xullo

Casa da Cultura da Laracha, sorteo de mesas electorais
Casa da Cultura da Laracha, sorteo de mesas electorais

Hoxe tivo lugar o Pleno extraordinario no que foron sorteadas as mesas electorais para os comicios ao Parlamento de Galicia

Hoxe foi o Pleno extraordinario do Concello da Laracha donde foron sorteadas as mesas electorais. A sesión estivo presidida polo tenente alcalde José Ramón Martínez Barbeito e desenvolveuse na Casa da Cultura da Laracha.

No Pleno informouse á Corporación municipal de que as cinco mesas da parroquia de Torás serán habilitadas no pavillón polideportivo do IES Agra de Leborís en lugar do edificio da biblioteca municipal da Laracha.

A instancias do Concello, o Instituto Nacional de Estatística autorizou o traslado a esas instalacións por ser máis amplas e, deste xeito, facilitar que as persoas que acudan a votar poidan cumprir o distanciamento social. Polo mesmo motivo, as dúas mesas da parroquia de Lestón serán ubicadas en dúas aulas do centro sociocultural de Paiosaco.