Obrigatoriedade de manter as parcelas en núcleos de poboación

Obrigatoriedade de manter en boa conservación os solares e fincas situados nos núcleos urbanos, zonas da periferia e áreas residenciais de parroquias rurais según a normativa

Segundo establece a Lei do Solo de Galicia, o Concello da Laracha lembra a obrigatoriedade aos titulares de fincas

A Lei do Solo de Galicia establece a obrigatoriedade de manter en óptimas condicións de conservación os solares e fincas dos núcleos urbanos. Pero tamén nas zonas da periferia e áreas residenciais das parroquias. Todos os anos o Concello da Laracha desenvolve unha campaña informativa sobre estas cuestións. Con especial incidencia na primavera e no verán por tratarse das épocas de maior crecemento da biomasa. Pero tamén, nos meses restantes se levan a cabo actuacións dirixidas a cumprir as condicións de seguridade, hixiene, salubridade e ornato público das fincas privadas.

Sancións administrativas

En cumprimento da normativa, a Policía Local realizará durante os próximos días os correspondentes informes detallando os terreos que non se atopen en boas condicións de conservación. Iste é para requirir aos seus propietarios a execución das actuacións correspondentes á maior brevidade. Nesas notificacións que serán remitidas polo Concello advertirase que o incumprimento da normativa vixente poderá implicar sancións administrativas. Ademais de asumir o propietario das parcelas o custe das actuacións que, no caso de ser preciso, o Concello executará subsidiariamente.